Sobre minArtesanía en papel e textil dende a Costa da Morte.

Quen son

Formada en bioloxía e ilustración, comecei a interesarme polas técnicas de encadernación e serigrafía, o que me levou a crear un proxecto de artesanía no que confluísen os meus intereses artísticos e o respecto polo medio ambiente.
Así naceu O Xurelo Asmático.

Que atoparás en O Xurelo Asmático

Feito a man
Cada peza foi fabricada con coidado e cariño. Dende as miñas mans á túa casa.
Ecolóxico
Procuro utilizar sempre materiais con certificado ecolóxico, cuxa procedencia sexa o cultivo orgánico ou reciclados.
Deseños exclusivos
Os deseños son orixinais de O Xurelo Asmático. Só os atoparás aquí.

Materiais ecolóxicos certificados

MENU