1. INFORMACIÓN XERAL

  • Titular do sitio web: Alicia Baña Castro
  • Domicilio social: Travesía Muíño do vento, 19, 2º
  • NIF: 47359678X
  • Teléfono: 660784685
  • Correo Electrónico: [email protected]
  • Nome comercial: O Xurelo Asmático
  • Nome do dominio: www.xureloasmatico.com

Este documento (así como todo outro documento que aquí se mencione) regula as condicións polas que se rexe o uso deste Sitio Web https://www.xureloasmatico.com e a compra ou adquisición de produtos e/ou servizos no mesmo (en diante, Condicións).

A efectos destas Condicións enténdese que a actividade que Alicia Baña Castro desenvolve a través do Sitio Web comprende:

  • A venda de cadernos artesanais de deseño e fabricación propia
  • A venda de camisetas estampadas a man con deseño propio
  • A venda de reproduccións de ilustracións da súa autoría

Ademais de ler as presentes Condicións, antes de acceder, navegar e/ou usar esta páxina web, o Usuario ha de ler o Aviso Legal e as Condicións Xerais de Uso, incluíndo, a política de cookies, e a política de privacidade e de protección de datos de https//:www.xureloasmatico.com
Ao utilizar este Sitio Web ou ao solicitar a adquisición dun produto e/ou servizo a través do mesmo o Usuario consente quedar vinculado por estas Condicións e por todo o anteriormente mencionado, polo que se non está de acordo con todo iso, non debe usar este Sitio Web.
Así mesmo, infórmase que estas Condicións poderían ser modificadas. O Usuario é responsable de consultalas cada vez que acceda, navegue e/ou use o Sitio Web xa que serán aplicables aquelas que se atopen vixentes no momento en que se solicite a adquisición de produtos.
Para todas as preguntas que o Usuario poida ter en relación coas Condicións pode poñerse en contacto co titular utilizando os datos de contacto facilitados máis arriba ou o formulario de contacto.

2. O USUARIO

O acceso, a navegación e uso do Sitio Web, confire a condición de Usuario , polo que se aceptan, dende que se inicia a navegación polo Sitio Web, todas as Condicións aquí establecidas, así como as súas ulteriores modificacións, sen prexuízo da aplicación da correspondente normativa legal de obrigado cumprimento segundo o caso.
O Usuario asume a súa responsabilidade dun uso correcto do Sitio Web. Esta responsabilidade estenderase a:

  • Facer uso deste Sitio Web únicamente para realizar consultas e compras ou adquisicións legalmente válidas.
  • Non realizar ningunha compra falsa ou fraudulenta. Se razonablemente se poidera considerar que se fixo unha compra desta índole, podería ser anulada e informaríase ás autoridades pertinentes.
  • Facilitar datos de contacto veraces e lícitos, por exemplo, dirección de correo electrónico, dirección postal e/ou outros datos (ver Aviso Legal e Condicións Xerais de Uso).


O Usuario declara ser maior de 18 anos e ter capacidade legal para celebrar contratos a través deste Sitio Web.
O Usuario poderá formalizar, á súa elección, con O Xurelo Asmático o contrato de compravenda dos produtos desexados en calquera dos idiomas nos que as presentes Condicións estean dispoñibles neste Sitio Web.

3. PROCESO DE COMPRA

Os Usuarios debidamente rexistrados poden comprar no Sitio Web polos medios e formas establecidos. Deberán seguir o procedemento de compra online de https://www.xureloasmatico.com,
durante o cal varios produtos poden ser seleccionados e engadidos ao carriño (despois de escoller talla ou cor, no seu caso) para posteriormente facer click na icona do carriño na esquina superior dereita da páxina e acceder a unha vista previa que mostra os produtos cos botóns “Ver cesta” e “Finalizar compra”.

Premendo o botón “Ver cesta” poderase acceder á páxina do carro da compra que contén os produtos. Premendo “Finalizar compra”, accédese á pasarela de pago dos produtos, onde poderá encher os seus datos e seleccionar método de envío e forma de pago, e proceder á compra.
Así mesmo, o Usuario deberá reencher e/ou comprobar a información que en cada paso se lle solicite, aínda que, durante o proceso de compra, antes de realizar o pago, pódense modificar os datos da
compra.

Seguidamente, o Usuario recibirá un correo electrónico confirmando que O Xurelo Asmático recibiu o seu pedido ou solicitude de compra, é dicir, a confirmación do pedido. E informaráselle igualmente, mediante correo electrónico cando a súa compra estea sendo enviada. A información sobre os pedidos tamén se porán a disposición do Usuario a través do seu espazo persoal de conexión ao Sitio Web.
Unha vez o procedemento de compra concluíu, o Usuario consente que o Sitio Web xere unha factura electrónica que se fará chegar ao Usuario a través do correo electrónico. E, no seu caso, a través do seu espazo persoal de conexión ao Sitio Web. Así mesmo, o Usuario pode, se así o desexa, obter unha copia da súa factura en papel, solicitándoo a O Xurelo Asmático utilizando os espazos de contacto do Sitio Web ou a través dos datos de contacto facilitados máis arriba.
O Usuario recoñece estar ao corrente, no momento da compra, de certas condicións particulares de venda que concernen ao produto en cuestión e que se mostran xunto á presentación ou, no seu caso, imaxe deste na súa páxina do Sitio Web, indicando, atendendo a cada caso: nome, prezo, compoñentes, peso, cantidade, cor, detalles dos produtos, ou características, modo no que se levarán a cabo e/ou custo das prestacións; e recoñece que a realización do pedido de compra materializa a aceptación plena e completa das condicións particulares de venda aplicables a cada caso.

As comunicacións, ordes de compra e pagos que interveñan durante as transaccións efectuadas no Sitio Web poderían ser arquivadas e conservadas nos rexistros informatizados de O Xurelo Asmático
co fin de constituír un medio de proba das transaccións, en todo caso,
respectando as condicións razoables de seguridade e as leis e normativas vixentes que a este respecto sexan de aplicación, e particularmente atendendo á LOPD e aos dereitos que asisten aos Usuarios conforme á política de privacidade deste Sitio Web (Aviso Legal e Condicións
Xerais de Uso
).

4. DISPOÑIBILIDADE

Todos os pedidos de compra recibidos por O Xurelo Asmático a través do Sitio Web están suxeitos á dispoñibilidade dos produtos e/ou a que ningunha circunstancia ou causa de forza maior afecte ao abastecemento dos mesmos.

5. PREZOS E PAGO

Os prezos exhibidos no Sitio Web son os finais, en Euros e inclúen os impostos.
Os gastos de envío non van incluídos no prezo, senón que se engaden despois de que o usuario aporte os datos do seu enderezo e escolla unha modalidade de envío na pasarela de pago.

O Xurelo Asmático realiza os envíos a través de Correos.

En ningún caso o Sitio Web engadirá custos adicionais ao prezo dun produto ou dun servizo de forma automática, senón só aqueles que o Usuario seleccione e escolla voluntaria e libremente.
Os prezos poden cambiar en calquera momento, pero os posibles cambios non afectarán aos pedidos ou compras con respecto aos que o Usuario xa recibira unha confirmación de pedido.

Os medios de pago aceptados serán:

  • Tarxeta de crédito ou débito
  • Paypal

As tarxetas de crédito estarán suxeitas a comprobacións e autorizacións por parte da entidade bancaria emisora das mesmas. Se dita entidade non autorizase o pago, O Xurelo Asmático non será responsable por ningún atraso ou falta de entrega e non poderá formalizar ningún contrato co
Usuario.

Unha vez que O Xurelo Asmático reciba a orde de compra por parte do Usuario a través do Sitio Web, farase unha pre-autorización na tarxeta que corresponda para asegurar que existen fondos suficientes para completar a transacción. O cargo na tarxeta farase no momento en que se envíe ao Usuario a confirmación de tramitación do pedido.
En todo caso, ao facer clic en “Realizar o pedido” o Usuario confirma que o método de pago utilizado é seu ou que, no seu caso, é o lexítimo
posuidor da tarxeta.

6. ENTREGA

As entregas efectuaranse no ámbito do seguinte territorio:

  • España (Península, Baleares e Canarias)
  • Europa

Normalmente os pedidos tardan 1 día en prepararse e envíanse ó día seguinte pola mañá.

Exceptuando aqueles casos nos que existan circunstancias imprevistas ou extraordinarias, o pedido será entregado no prazo sinalado no Sitio Web segundo o método de envío seleccionado polo Usuario e, en todo caso, no prazo máximo de 30 días naturais a contar desde a data da confirmación do pedido.

No caso de que o pedido se retrasase máis alá do tempo estimado ou se perdese, o Usuario deberá contactar con O Xurelo Asmático para que poida solucionalo/xestionalo con Correos.

No caso improbable de que se perdera o pedido durante o envío, o Usuario debe poñerse en contacto con O Xurelo Asmático para o reembolso total do prezo pago. 

Se por algún motivo, que lle fose imputable, O Xurelo Asmático non puidese cumprir coa data de entrega, contactará ao Usuario para informarlle desta circunstancia e, este poderá elixir seguir adiante coa compra establecendo unha nova data de entrega ou ben anular o pedido co reembolso total do prezo pago.

En calquera caso, as entregas a domicilio realízanse en días laborables.
Se resultase imposible efectuar a entrega do pedido por ausencia do Usuario, o transportista deixaría un aviso explicando o horario, prazo e ubicación da Oficina Postal onde pode recollelo.

No caso de que o pedido fose devolto á tenda por ausencia do Usuario, e non fose recollido unha vez agotado o número máximo inicial de intentos de entrega que ofrece o método de envío escollido; o Usuario terá que poñerse en contacto con O Xurelo Asmático e correrá cos gastos dun novo intento de envío.

No caso de que transcorran 30 días desde que o seu pedido estea dispoñible para a súa entrega, e non sexa entregado por causa non imputable a O Xurelo Asmático, entenderase que o Usuario
desexa desistir do contrato e este considerarase resolto. Como consecuencia da resolución do contrato, todos os pagos recibidos do Usuario seranlle devoltos (exceptuando os gastos adicionais resultantes da elección propia do Usuario dunha modalidade de entrega
diferente á modalidade menos custosa de entrega ordinaria que ofrece o Sitio Web) sen ningunha demora indebida e, en calquera caso, no prazo máximo de 14 días desde a data en que se considera resolto o contrato.
No entanto, o Usuario debe ter presente que o transporte derivado da resolución pode ter un custo adicional que lle poderá ser repercutido.

A efectos das presentes Condicións, entenderase que se produciu a entrega ou que o pedido foi entregado no momento no que o Usuario ou un terceiro indicado polo Usuario adquira a posesión material dos produtos, o que se acreditará mediante a firma da recepción do
pedido na dirección de entrega convida.

Os riscos que dos produtos se puidesen derivar serán a cargo do Usuario a partir do momento da súa entrega. O Usuario adquire a propiedade dos produtos no momento da entrega.

De conformidade co disposto na Lei 37/1992, de 28 de decembro, do Imposto sobre o Valor Engadido (IVA), os pedidos de compra para a súa entrega e/ou prestación entenderanse localizados no territorio de aplicación do IVA español se a dirección de entrega está en territorio español salvo Canarias, Ceuta e Melilla. O tipo de IVA aplicable será o legalmente vixente en cada momento en función do artigo concreto de que se trate.

7. MEDIOS TÉCNICOS PARA CORRIXIR ERROS

Ponse en coñecemento do Usuario que no caso de que detecte que se produciu un erro ao introducir os datos necesarios para procesar a súa solicitude de compra no Sitio Web, poderá modificar os
mesmos a través do seu espazo persoal de conexión ao Sitio Web, poñéndose en contacto con O Xurelo Asmático a través dos espazos de contacto habilitados no Sitio Web, ou utilizando os datos de contacto facilitados na Información xeral desta páxina.
En calquera caso, o Usuario, antes de facer clic en “Realizar o pedido“,
ten acceso ao carriño onde se van anotando as súas solicitudes de compra e pode facer modificacións.
De igual forma, remítese ao Usuario a consultar o Aviso Legal e Condicións Xerais de Uso para solicitar máis información sobre como exercer o seu dereito de rectificación segundo o establecido na
Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

8. DEVOLUCIÓNS

Ver Política de Devolucións.

9. EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE

Salvo disposición legal en sentido contrario, O Xurelo Asmático non aceptará ningunha responsabilidade polas seguintes perdas, con independencia da súa orixe:

  • Calquera perda que non fose atribuíble a incumprimento algún pola súa banda.
  • Toda outra perda indirecta que non fose razonablemente previsible por ambas partes no momento en que se formalizou o contrato de compraventa dos produtos.

Igualmente, O Xurelo Asmático tamén limita a súa responsabilidade en canto aos seguintes casos:

  • O Xurelo Asmático aplica todas as medidas posibles para proporcionar unha visualización fiel do produto no Sitio Web, con todo non se responsabiliza polas mínimas diferenzas ou inexactitudes que poidan existir debido a falta de resolución da pantalla, ou problemas do navegador que se utilice ou outros desta índole.
  • O Xurelo Asmático actuará coa máxima dilixencia a efectos de poñer a disposición da empresa encargada do transporte o produto obxecto do pedido de compra. Con todo, non se responsabiliza por prexuízos provintes dun mal funcionamento do transporte, especialmente por causas como folgas, retencións en estradas, e en xeral calquera outras propias do sector, que deriven en atrasos, perdas ou hurtos do produto.
  • Fallos técnicos que por causas fortuitas ou doutra índole, impidan un normal funcionamento do servizo a través de internet.
  • Falta de dispoñibilidade do Sitio Web por razóns de mantemento ou outras, que impida dispoñer do servizo.
  • O Xurelo Asmático pon todos os medios ao seu alcance a efectos de levar a cabo o proceso de compra, pago e envío/entrega dos produtos, no entanto exímese de responsabilidade por causas que non lle sexan imputables, caso fortuito ou forza maior.
  • O Xurelo Asmático non se fará responsable do mal uso e/ou do desgaste dos produtos que sexan utilizados polo Usuario. 
  • Tampouco se fará responsable dunha devolución errónea realizada polo Usuario. É responsabilidade do Usuario devolver o produto correctamente.

En xeral, O Xurelo Asmático non se responsabilizará por ningún incumprimento ou atraso no cumprimento dalgunha das obrigacións asumidas, cando se deban a acontecementos que están fóra do noso control razoable, é dicir, que se deban a forza maior, e esta poderá incluír:

  • Folgas, pechaduras patronais ou outras medidas reivindicativas.
  • Conmoción civil, revolta, invasión, ameaza ou ataque terrorista, guerra (declarada ou non) ou ameaza ou preparativos de guerra.
  • Incendio, explosión, tormenta, inundación, terremoto, afundimento, epidemia ou calquera outro desastre natural.
  • Imposibilidad de uso de trens, barcos, avións, transportes de motor ou outros medios de transporte, públicos ou privados.
  • Imposibilidade de utilizar sistemas públicos ou privados de telecomunicacións.
  • Actos, decretos, lexislación, normativa ou restriccións de calquera goberno ou autoridade pública.

Desta forma, as obrigacións quedarán suspendidas durante o periodo en que a causa de forza maior continúe, e O Xurelo Asmático dispoñerá dunha ampliación no prazo para cumprilas por un periodo de tempo igual ao que dure a causa de forza maior. O Xurelo Asmático poñerá todos os medios razoables para atopar unha solución que permita cumprir coas obrigas malia a causa de forza maior.

10. COMUNICACIÓNS POR ESCRITO E NOTIFICACIÓNS

Mediante o uso deste Sitio Web, o Usuario acepta que a maior parte das comunicacións con O Xurelo Asmático sexan electrónicas (correo electrónico ou avisos publicados no Sitio Web).
A efectos contractuais, o Usuario consente en usar este medio electrónico de comunicación e recoñece que todo contrato, notificación, información e demais comunicacións que O Xurelo Asmático envíe de forma electrónica cumpren cos requisitos legais de ser por escrito. Esta condición non afectará aos dereitos recoñecidos por lei ao Usuario.
O Usuario pode enviar notificacións e/ou comunicarse con O Xurelo Asmático a través dos datos de contacto que se facilitan nestas Condicións e a través dos espazos de contacto do Sitio Web.

Igualmente, salvo que se estipule o contrario, O Xurelo Asmático pode contactar e/ou notificar ao Usuario no seu correo electrónico ou na dirección postal facilitada.

11. NULIDADE

Se algunha das presentes Condicións fosen declaradas nulas e sen efecto por resolución firme dictada pola autoridade competente, o resto das cláusulas permanecerán en vigor, sen que queden afectadas pola devandita declaración de nulidade.

12. ACORDO COMPLETO

As presentes Condicións e todo documento ao que se faga referencia expresa nestas constitúen o acordo íntegro existente entre o Usuario e O Xurelo Asmático en relación co obxecto de compravenda e substitúen a calquera outro pacto, acordo ou promesa anterior convida verbalmente ou por escrito polas mesmas partes.
O Usuario e O Xurelo Asmático recoñecen consentir a celebración dun contrato sen confiar en ningunha declaración ou promesa feita pola outra parte, salvo aquilo que figura expresamente mencionado nas presentes Condicións.

13. PROTECCIÓN DE DATOS

A información ou datos de carácter persoal que o Usuario facilite a O Xurelo Asmático no curso dunha transacción no Sitio Web, serán tratados con arranxo ao establecido nas políticas de protección de datos (Aviso Legal e Condicións Xerais de Uso). Ao facer acceder, navegar e/ou usar o Sitio Web o Usuario consente o tratamento de devandita información e datos e declara que toda a información ou datos que facilita son veraces.

14. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICCIÓN

O acceso, navegación e/ou uso deste Sitio Web e os contratos de compra de produtos a través do mesmo rexeranse pola lexislación española.

Calquera controversia, problema ou desacordo que xurda ou estea relacionado co acceso, navegación e/ou uso do Sitio Web, ou coa interpretación e execución destas Condicións, ou cos contratos de venda entre O Xurelo Asmático e o Usuario, será sometida á xurisdicción non exclusiva dos xulgados e tribunais españois.

16. QUEIXAS E RECLAMACIÓNS

O Usuario pode facer chegar a O Xurelo Asmático as súas queixas, reclamacións ou todo outro comentario que desexe realizar a través dos datos de contacto que se facilitan ao principio destas Condicións
(Información Xeral).
Ademais, O Xurelo Asmático dispón de follas oficiais de reclamación a disposición dos consumidores e usuarios, que poden solicitar en calquera momento, utilizando os datos de contacto que se facilitan ao principio destas Condicións (Información Xeral).
Así mesmo, se da celebración deste contrato de compra entre O Xurelo Asmático e o Usuario emanara unha controversia, o Usuario como consumidor pode solicitar unha solución extraxudicial de controversias, dacordo co Reglamento UE Nº 524/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 21 de maio de 2013, sobre resolución de litixios en liña en materia de consumo. Pode acceder a este método a través do sitio web: http://ec.europa.eu/consumers/odr/.

MENU