Ó adquirir produtos a través deste Sitio Web, asístenlle unha serie de dereitos:

DEREITO DE DESISTIMENTO

Ó Usuario asístelle o dereito a desistir da súa compra nun prazo de 14 días naturais sen necesidade de xustificación. Este prazo de desistimento expirará aos 14 días naturais do día que o Usuario ou un terceiro autorizado por este, distinto do transportista, iniciou a posesión material dos bens adquiridos no Sitio Web de O Xurelo Asmático ou, no caso de que os bens que compoñen o seu pedido se entregasen por separado, aos 14 días naturais do día que o Usuario ou un terceiro autorizado por este, distinto do transportista, adquiriu a posesión material do último deses bens que compoñían un mesmo pedido.
Para exercer este dereito de desistimento, vostede deberá notificar a súa decisión a O Xurelo Asmático.
Poderá facelo a través dos espazos de contacto habilitados no Sitio Web ou a través de:

Debe expresar de forma clara e inequívoca que é a súa intención desistir do contrato de compra. O Usuario poderá utilizar o modelo de formulario de desistimento que O Xurelo Asmático pon á súa disposición como anexo a estas Condicións, aínda que o seu uso non é obrigatorio.
Para cumprir o prazo de desistimento, abonda con que a comunicación que expresa a decisión de desistir sexa enviada antes de que venza o prazo correspondente.
En caso de desistimento, O Xurelo Asmático reembolsará ao Usuario todos os pagos recibidos, incluídos os gastos de envío (coa excepción dos gastos adicionais elixidos polo Usuario para unha modalidade de envío diferente á modalidade menos custosa ofrecida no Sitio Web) sen ningunha demora indebida e, en todo caso, como moi tarde en 14 días naturais a partir da data na que sexa informado da decisión de desistir polo Usuario. Este reembolso non xerará ningún custo adicional ao Usuario.

O Xurelo Asmático poderá reter devandito reembolso ata recibir os produtos da compra.
O Usuario pode devolver os produtos a O Xurelo Asmático en:
Travesía Muíño do Vento, 19, 2º 15123 Camariñas A Coruña
E deberá facelo sen ningunha demora indebida e, en calquera caso, como moi tarde no prazo de 14 días naturais a partir da data en que O Xurelo Asmático foi informado da decisión de desistimento.

O Usuario deberá asumir o custo directo de devolución (transporte, entrega) dos bens. Ademais, deberá entregar os produtos en perfecto estado e na súa embalaxe orixinal, ou será responsable da disminución de valor dos produtos resultante dunha manipulación distinta á necesaria para establecer a natureza, as características e o funcionamento dos bens.


EXCEPCIÓNS Ó DEREITO DE DESISTIMENTO

Tal e como se recolle no artigo 103 do Real Decreto Legislativo 1/2007, de 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias, existen as seguintes excepcións:

  • Produtos personalizados

Ademais, NON se fará ningún reembolso nos seguintes casos:

  • O produto foi usado máis aló da mera apertura do mesmo.
  • Produtos que non estean nas mesmas condicións nas que se entregaron ou que sufran algún dano trala entrega.

Débese devolver os produtos incluíndo todos os seus envoltorios orixinais e demais documentos que os acompañen, ademais dunha copia da factura de compra.

No seguinte enlace pódese descargar o Modelo de formulario de desistimento:


DEVOLUCIÓN DE PRODUTOS DEFECTUOSOS OU ERRO NO ENVÍO

No caso no que o Usuario considere que, no momento da entrega, o produto non se axusta ao estipulado no pedido deberá poñerse en contacto con O Xurelo Asmático inmediatamente e facerlle saber a disconformidade existente (defecto/erro) mediante o formulario de contacto, ou utilizando os datos de contacto que se facilitan no apartado anterior (Dereito de Desistimento) e adxuntando unha fotografía do produto na que se mostre o seu estado.
O Usuario será entón informado sobre como proceder á devolución dos produtos, e estes, unha vez devoltos, serán examinados e informarase ao Usuario, dentro dun prazo razoable, se procede o reembolso ou, no seu caso, a sustitución do mesmo.

Hai que ter en conta que os produtos que ofrecemos nesta web son feitos a man, e polo tanto, cada un deles é único e pode mostrar pequenas imperfeccións e diferencias cos mostrados nas fotografías da web, debidas ó proceso de fabricación.

O reembolso ou a sustitución do produto efectuarase canto antes e, en calquera caso, dentro dos 14 días seguintes á data na que lle enviemos un correo electrónico confirmando que procede o reembolso ou a sustitución do artigo non conforme.
O importe abonado por aqueles produtos que sexan devoltos por mor dalgún defecto, cando realmente exista, será reembolsado íntegramente, incluídos os gastos de entrega e os custos en que puidese incurrir o Usuario para realizar a devolución.
En todo caso, respetaranse sempre os dereitos recoñecidos na lexislación vigente en cada momento para o Usuario, en tanto que consumidor e usuario.

MENU